Ir al contenido principal

Entradas

Novas actividades para o curso 2022-2023

Estamos de volta!!!!!  Aínda que parece que estamos parados non é así. O curso arrancou xa coa radio en funcionamiento e as clases de tecno dentro do espazo maker. Este ano ademáis, integrámonos nos POLOS CREATIVOS e levaremos a nosa actividade aos recreos inclusivos e trataremos de facer colaboracións coa Biblioteca e cos Ciclos Formativos. Se nos segues no Instagram xa sabes que o venres empezou a participación na liga MAKER DRONE coa Fundación Barrie e os chicos e chicas de 2º ESO. Aquí tes unha foto da actividade

Que tal se facemos unha lámpada personalizada con temática Maincraft?

 Achégate ao espazo maker a vindeira semana!!! Estaremos o luns e o mércores A información básica está aquí . E que tal se logo engadimos a posibilidade de lucir de cores? Partiremos destes materiais E chegaremos a algo así: Non é unha cabaz de Samaín!!

CANSAT 2021-2022

Como xa ven sendo habitual, este curso se queredes imonos presentar ao concurso CANSAT. Toda a información desta edición a tedes colgada neste enlace . De todos modos, CONVOCAMOSVOS  a unha reunión informativa o venres 29 de outubro no recreo.

Arrancamos a actividade na Cova Maker

Por fin, chegou o momento no que empezamos a actividade no noso espazo maker.   O primeiro que imos facer é explicar un pouquiña as liñas de traballo para este curso.  Imos seguir co CANSAT, xa esa aberta a inscripción. Por este motivo, convócase unha reunión informativa o próximo venres 29 de outubro á que están invitadas todas as persoas interesadas.   Nun principio imos traballar actividades maker nos recreos de luns e mércores pero xa sabedes que estamos á vosa disposción sempre que sexa necesario. Empezaremos con algunha actividade sinxela para despois poñelo mais dificil.   Realizaremos pequenos obradoiros maker nas titorías ao longo do curso Os profes que participamos neste proxecto estamos desexando empezar, e ti?

O vídeo do lanzamento e o resultado do concurso

 Finalmente, lanzamos o noso CANSAT. ¡E tivemos éxito! Os nosos participantes obtiveron un Accesit en dúas categorías: A misión científica Competencias profesionais O vídeo do lanzamento podédelo ver no seguinte link: Link ao video (é o primeiro en caer) Dende a Cova Maker queremos felicitar a Uxía, Hugo, Miguel, Esther, David e Diego. E tamén ao noso grupo de colaboradores Carmen, David, Abel, Jose... e todo o pesoal do centro que nos axudo a levar a cabo este proxecto.   Tamén engadir que é un pracer para nós (Sonia e Cova) traballar con vós. Pasámolo moi ben. E por último, dar as gracias aos nosos patrocinadores e a fundación Eduardo Pondal e o Concello de Ponteceso que non aparecen na imaxe polo apoio.  

Pronto lanzamos o noso CANSAT

 O próximo mércores 26 de maio lanzamos o noso pequeno satélite PONTESAT. A hora de lanzamento é entre as 11.45 e as 13.00 e vaise retransmitir en directo na plataforma Agueiro. Pronto poñeremos o link. Mentres imos ver aos nosos participantes e o seu proxecto.