Ir al contenido principal

Invitación a participar no concurso CADSAT dirixida aos alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO

 

 

Como na CovaMaker sabemos que algún de vós xa mostrastes interese polo CANSAT e por idade non podedes participar, imos propoñervos a participación no irmán pequeno deste concurso: o CADSAT.

O CADSAT é un concurso de deseño en 3D dun CANSAT, podédelo facer de xeito individual ou por equipos. O único requisito é que teñades ente 11 ou 15 anos e un docente do Centro rexistrará o voso traballo.

Desde a CovaMaker imos axudarvos no que necesitedes, empezando por unha pequena formación en ferramentas en deseño 3D e unha guía no deseño das misións que tedes que cumprir.

https://cadsat.esa.int/

Poden participar grupos de 1 a 4 persoas

O prazo se cerra o 14 de maio de 2021.  Deixo aquí unhas notas traducidas da páxina xeral da convocatoria. Pero podedes preguntarnos e axudamosvos.

A misión do CANSAT:

No desenvolvemento e investigación de satélites, os científicos e enxeñeiros teñen que traballar xuntos para crear o mellor deseño baseado nos obxectivos da misión. Os requerimentos científicos afectan directamente ao deseño do CADSAT. Na vosa misión deberedes incluír unha descrición dos vosos obxectivos científicos -asegurádevos de especificar os datos que analizaríais e as conclusións que sacariais. A continuación, descríbense algunhas cousas a ter en conta:

Misión primaria:

O voso deseño debe medir os seguintes parámetros e transmitilos á estación de terra:

-          Temperatura do aire

-          Presión do aire

Como os datos deben de ser transmitidos deberedes incluír un módulo de comunicacións

Misión secundaria:

É unha misión que deberedes seleccionar vós. Pode basearse en outras misións de satélites, na recollida de datos para un proxecto científico, unha demostración tecnolóxica para un deseño dun compoñente ou calquera outra misión que colla no CADSAT.

Hai exemplos na páxina da ESA.

Compoñentes:

O deseño da lata é unha boa maneira de traballar o voso lado creativo. Sen embargo, toda a ciencia que vai dentro é moito mais interesante. O voso deseño debe amosar os sensores, a electrónica e o hardware de comunicacións que ides usar.

Podedes mirar de novo a páxina da ESA para facervos a idea do que podedes deseñar e podedes preguntar todo o que queirades.

Medidas

 A medida máxima da lata é de 33 mm de diámetro e 115 de altura.


Nos próximos días deixaremos aquí un tutorial para manexar ferramentas de deseño 3D.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Que tal se facemos unha lámpada personalizada con temática Maincraft?

 Achégate ao espazo maker a vindeira semana!!! Estaremos o luns e o mércores A información básica está aquí . E que tal se logo engadimos a posibilidade de lucir de cores? Partiremos destes materiais E chegaremos a algo así: Non é unha cabaz de Samaín!!

Novas actividades para o curso 2022-2023

Estamos de volta!!!!!  Aínda que parece que estamos parados non é así. O curso arrancou xa coa radio en funcionamiento e as clases de tecno dentro do espazo maker. Este ano ademáis, integrámonos nos POLOS CREATIVOS e levaremos a nosa actividade aos recreos inclusivos e trataremos de facer colaboracións coa Biblioteca e cos Ciclos Formativos. Se nos segues no Instagram xa sabes que o venres empezou a participación na liga MAKER DRONE coa Fundación Barrie e os chicos e chicas de 2º ESO. Aquí tes unha foto da actividade

Pronto lanzamos o noso CANSAT

 O próximo mércores 26 de maio lanzamos o noso pequeno satélite PONTESAT. A hora de lanzamento é entre as 11.45 e as 13.00 e vaise retransmitir en directo na plataforma Agueiro. Pronto poñeremos o link. Mentres imos ver aos nosos participantes e o seu proxecto.